O BNG convoca á militancia á elección do candidato/a ás municipais ‘23

bng (2259)
O mércores 20 de xullo ás 20h, na Casa da Cultura de Redondela, a militancia nacionalista está emprazada para esta Asemblea Local, na que se vai acordar a persoa que encabezará a lista nacionalista.
 
O BNG convoca á militancia á elección do candidato/a ás municipais ‘23
Cumprindo as directrices marcadas dende o Consello Nacional, a convocatoria de Asemblea permitirá que todos e todas as militantes poidan expresar as súas opinións e valoracións, tanto da proposta de cabeza de cartel, como das directrices de conformación da candidatura ou elaboración do programa. Finalmente levarase a cabo a votación a candidato ou candidata do BNG ás eleccións municipais de 2023.
A proposta da Asemblea Local, seguindo as directrices nacionais, debe ser finalmente refrendada polo Consello Nacional que se celebrará en setembro.
Ao remate da Asemblea, está convocada a asistencia de todos os e as simpatizantes da organización nacionalista. Serán os e as primeiras en coñecer a cabeza de candidatura, ademáis de ter o dereito de expresar a súa opinión e valoración sobre a política local redondelá.
O acto rematará cun pequeño convivio, para clausurar o intenso ano de traballo político tanto dos órganos de dirección, como do corpo militante se simpatizante do BNG de Redondela.
O BNG convoca á militancia á elección do candidato/a ás municipais ‘23