Xoán Carlos González considera que Digna Rivas debería demitir, se o concello perde o recurso de AUCOSA

Screenshot_20220314-081923
Xoán Carlos González na súa intervención no pleno.
“Atopámonos ante unha oportunidade única para que a empresa saia da beiramar de Redondela”, manifestou o voceiro nacionalista
Xoán Carlos González considera que Digna Rivas debería demitir, se o concello perde o recurso de AUCOSA
 
Durante a sesión plenaria do mes de febreiro, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego solicitou a comparecencia da alcaldesa de Redondela, para que dera as explicacións pertinentes, sobre a problemática de AUCOSA. “No máximo órgano de representación cidadá, é onde se debía deixar ben clara as intencións do Concello”, sinalou o seu voceiro.
Unha comparecencia, na que segundo Xoán Carlos González, a alcaldesa invertíu tanto tempo en explicar o que fixo o goberno anterior como o que ela preside. Xustificouse en que se se víu forzada a asinar a licencia de obra para non prevaricar. “A mesma excusa que utilizarán os gobernos anteriores” apuntou o nacionalista.
Para o edil nacionalista, a sentenza emitida polo xulgado número dous do contencioso administrativo de Vigo, en contra do Concello, “viña a confirmar as dúbidas que o colectivo de afectados e afectadas, lle trasladou no seu momento ao bipartito PSOE-AER na concesión da licencia de obra”. Considera que “ao deixar facer á empresa”, a única vía que lles quedaba era a de levar ao organismo municipal aos xulgados.
“A empresa, claramente incumpríu, ao construír parte da ampliación da factoría en solo non calificado como urbanizable”, sinala o edil. Para quen AUCOSA, actuou con prepotencia, sabedora de que estaba incumprindo, agochando detrás dunha presunta mellora ambiental, o seu único interese; “rendabilizar unha inversión en terreos baratos, na beiramar de Cabanas”, sinala.
Noutra parte da intervención, a alcaldesa limitouse a meter medo á veciñanza, falando de posíbeis indemnizacións patrimoniais do concello, por outorgar a licencia. “Primeiro o xulgado tería que cuantificar esta posibilidade, e mesmo a Xunta de Galicia podería verse involucrada no litixio, por conceder permisos, sen base”, apunta Xoán Carlos González.
Dende o BNG, consideran que coa presentación de recurso, o goberno do PSOE, “volve a darlle as costas á veciñanza de Trasmañó e Chapela, afectada pola contaminación de AUCOSA”. O voceiro nacionalista emprazou á alcaldesa a que non asinara o recurso, e “que aproveitara a oportunidade que lle concedía o xulgado, para poñerse de verdade a carón dos veciños e veciñas”.
“Lamentamos que a alcaldesa de Redondela ignorara a nosa petición de non presentar o recurso contra unha sentencia que lle dá a razón á veciñanza. A nosa conclusión é que no momento en que sexa firme, e no caso de que o Concello perda, Digna Rivas está obrigada a presentar a súa demisión”, remata na súa nota o edil do BNG.
 
 
 
Xoán Carlos González considera que Digna Rivas debería demitir, se o concello perde o recurso de AUCOSA