Segundo o BNG mantense a ameaza do parque eólico en Reboreda.
“Non só se recolle este Proxecto, o monte Penide, recóllese como susceptible de ser incluído no futuro”, denuncia a concelleira nacionalista Jéssica García.
03 mar. 2022 - 19:37
Un mes despois do anuncio do goberno galego, da intención da empresa enerxética de renunciar ao Proxecto do parque eólico en Reboreda, segundo o BNG, “a proposta de construcción continúa en firme, non hai cambios”.
Chégase a tal conclusión tras comprobar en reiteradas ocasións que na páxina do Plan Eólico de Galiza, mantense a proposta de construcción dun parque de dez areoxeradores entre os montes de Pazos de Borbén e Redondela, “mantense nos trámites previos, á súa exposición pública”.
Dende a organización nacionalista, acusan ao Partido Popular e á Xunta de Galiza, de “poñer á venda o monte de Reboreda”, para beneficio das industrias enerxéticas. Alertan da necesidade de manter o interese e a expectación, posto que “en calquera momento poderían sacar a exposición pública un expediente, do que unicamente outorgarán quince días para a presentación de alegacións”.
Pola súa banda, a concelleira nacionalista Jéssica García, afirma que o goberno galego, “tentou manipular á veciñanza, ao afirmar que a empresa desistira”. Tal como expuxo na moción que defendeu no Pleno, a favor dun novo modelo enerxético, “existía outro proxecto que afectaba a montes de Ventosela, Soutomaior e Pazos de Borbén, que foi do que se desistíu. A realidade é que a proposta que conleva dous muíños de perto de douscentos metros en Reboreda, segue adiante”, conclúe.
Califica ao Partido Popular, como grupo recadeiro da Xunta e das empresas enerxéticas, ao afirmar que “por un lado queren desprestixiar ao BNG, e por outro desinformar á xente, con mentiras”. Recorda que na moción por ela mesma defendida no Pleno de xaneiro, o Partido Popular, votou en contra, “ao estar ao servizo de intereses alleos a Reboreda”.
Jésica García, recorda que o goberno do PSOE, únicamente se limitou a presentar un escrito ante a Xunta, a finais de xaneiro, “cando xa este Proxecto levaba sobre a mesa máis de seis meses, o que demostra o claro desinterese”.
A concelleira do BNG insiste en que “non só mantense en trámites previos o Proxecto de Reboreda, senón que, potencialmente, o propio monte Penide, segundo os plans da Xunta, sería susceptíbel de instalación dun parque de muíños de vento no futuro”.
“Consideramos imprescindible, que a veciñanza redondelá en xeral, e a de Reboreda en particular, se manteña alerta. Os colectivos organizados, deben retomar a súa folla de ruta, para impedir que se constrúa este parque de muíños de vento, que só benefician ás empresas enerxéticas. Poden esta seguros que van seguir contando coa complicidade do Bloque Nacionalista Galego”, remata na súa nota.