O BNG volve a presentar unha Emenda para a Rotonda dos Valos
O deputado Néstor Rego, visitou a zona, acompañado dos voceiros municipais de Redondela, Mos e Pazos de Borbén.
10 nov. 2021 - 10:26
Máis de 12.000 vehículos/día, cunha alta porcentaxe de camións de mercadorías. Confluenza de dúas estradas provinciais e unha estrada estatal. Un cruzamento que ofrece unha enorme perigosidade. Tres concellos afectados.
Estes foron algúns dos datos que se lle facilitaron dende as organizacións locais ao deputado nacionalista para a defensa desta proposta. Plantéxase unha partida de 800.000€ para a construción dunha rotonda que suprima o Alto dos Valos como un espazo de alta perigosidade.
Ningún dos diferentes gobernos estatais, no seu momento o Partido Popular, nin agora PSOE-Unidas Podemos, quixeron afrontar a obra. Segundo o voceiro do BNG en Redondela, “porque a escasos metros, instalouse un radar que está na lista dos que máis recada de todo o estado”. Recoñeceu o papel do deputado, que traballa máis que calquera dos outros sete, eleitos pola provincia de Pontevedra.
O deputado do BNG, Néstor Rego, desprazouse ata o Alto dos Valos, para coñecer in situ a necesidade de solucionar esta problemática. Considera que a obra é perfectamente asumible polo goberno do estado. Salientou a necesidade imperiosa de que o goberno afronte esta obra, pois ao ser a súa competenza, tamén é a súa responsabilidade. “A presentación da Emenda aos Orzamentos Xerais do Estado, obedece á necesidade de solucionar un problema de seguridade viaria que afecta aos concellos de Redondela, Mos e Pazos de Borbén”, afirmou na presentación desta proposta.