O Aeroporto realiza obras de limpeza, tras as denuncias do BNG
“Despois de nove meses das nosas denuncias, leváronse a cabo os traballos en Vilar de Infesta”, afirma Xoán Carlos González, voceiro municipal.
30 xan. 2023 - 12:39
Nunha actitude que dende a organización nacionalista consideran “irresponsábel”, dende o Aeroporto de Peinador, asumiron as tarefas de limpeza.
Varios anos levaban sen acometer o mantemento nunha parcela anexa á cabeceira norte en Vilar de Infesta.
Recordan que en varias ocasións, relacionado con obras de limpeza, “provocouse unha grave situación de risco para a saúde pública, ao empregar herbicidas, que puideron afectar á Fonte da Lata”.
“Despois de anos sen realizar os labores de limpeza da vexetación, nunha parcela anexa á cabeceira do aeroporto, vímonos obrigados a denunciar os seus incumprimentos”, recorda o voceiro nacionalista. “As xestas, e demáis maleza chegaba ata a estrada”.
Considera Xoán Carlos González que “ninguén se tería que ter dirixido a este ente público, para que cumplira coas súas responsabilidades. Deben dar exemplo”. As denuncias realizáronse no mes de abril, e “malia que transcurriron nove meses sentímonos satisfeitos. Seguiremos vixiantes para que o impacto do Aeroporto, sexa o mínimo posíbel”, afirma o voceiro nacionalista.