Moción do BNG, para a construcción dunha estación de tren en Chapela

Redondela con Néstor Rego 3
Néstor Rego e Xoán Carlos González na estación de Chapela.
“Demandamos que a parroquia recupere as conexións ferroviarias con esta obra, arquivada dende o ano 2011”, afirma o voceiro Xoán Carlos González
 
 
Moción do BNG, para a construcción dunha estación de tren en Chapela
Dende construcción da liña do Eixo Atlántico de Ferrocarril entre Vigo e A Coruña a liña con Guixar pasou a ser a máis empregada. Este trazado, que actualmente serve para conectar Vigo con Redondela e a fronteira portuguesa, con convoios de media distancia ou rexionais, non supuxo contrariamente ao agardado melloras nas conectividade con Chapela.
En setembro de 2011 publicouse no BOE, anuncio do proceso de licitación do contrato para a redacción do Proxecto constructivo dunha estación de viaxieros e viaxeiras en Chapela, orzamentado en 150.000€, recorda o edil nacionalista. Xunto ao edificio da estación contémplábanse as obras dos desvíos necesarios para a conexión da estación.
“Pretendemos correxir unha situación contradictoria, pola que a parroquia pola que pasan a cotío numerosos convoios ferroviariarios, non se beneficie nin da súa situación estratéxica, nin deste Proxecto”, salientou Xoán Carlos González. “Demandamos que Chapela recupere as conexións ferroviarias con esta obra, arquivada dende 2011”.
Recordou que nas emendas aos orzamentos do Estado, a traverso do deputado Néstor Rego, o BNG presentou unha emenda para a construcción desta estación, rexeitada polo goberno do PSOE. “É máis que evidente que con condicións favorábeis o tren tén futuro. Chapela debe beneficiarse desta tendencia, e para iso debe disfrutar dunha nova estación”, remata na súa nota o edil nacionalista.
 
 
Moción do BNG, para a construcción dunha estación de tren en Chapela