Xuntanza do BNG coa Plataforma en Defensa da Enseada
Xoán Carlos González: “Manteremos o noso traballo para preservar a Ría, contra procesos industrializadores como o Porto de Vigo”.
23 xan. 2023 - 08:55
O encontro, no que participaron o voceiro municipal e a concelleira Jésica García, tivo como principal eixo a problemática creada durante o nadal polas iniciativas da Autoridade Portuaria en Rande. “Asistimos a un grave ataque ao noso medio natural, ademáis de poñer en risco a seguridade viaria nas zonas de Cabanas e Rande”, sinalou Xoán Carlos González. Recordou que dende o primeiro momento rexeitaron que o antigo peirao de Pedra, se convertira en almacén de coches.
Ao longo da xuntanza repasáronse algúns das actuacións agresivas perpetradas dende a Autoridade Portuaria, administracións e iniciativas empresariais. “O Porto quere converter o fondo da Ría, a Enseada nun grande almacén, co conseguinte risco para o medioambente”. Movemento de barcos, camións de grande tonelaxe, risco de verquidos.
Ante esta política da Autoridade Portuaria a representación do concello de Redondela, antes Javier Bas, agora Digna Rivas fan seguidismo dos seus partidos. “O papel do alcalde/alcaldesa sempre foi ninguneado pola Autoridade. Cómpre que o BNG asuma esta representatividade para facer valer o papel de Redondela”, sinalou.
Outro dos aspectos a tratar, concretouse nas novas arredor da factoría AUCOSA, que nas últimas semanas foi absorvida por WOFCO. “Que unha factoría que acaba de recibir nove millóns de euros da Unión Europea, para ampliación é sospeitosa dun pelotazo para unha mellor venta”, sinalou o edil
“Finalmente acordamos facer fronte común na defensa da beiramar do noso concello, e do resto da Ría, da mellora da calidade das augas, e da desafección dos terreos da beiramar de Redondela”, sinalou Xoán Carlos González