Encontro do BNG con representantes do Clube de Atletismo Redondela
Xoán Carlos González: “Mantense o noso compromiso de que o noso concello dispoña dunhas pistas de atletismo no vindeiro mandato
23 xan. 2023 - 08:52
A xuntanza transcorreu nun intercambio “moi productivo” de propostas e iniciativas, nas que participou a concelleira Jésica García e o voceiro municipal, Xoán Carlos González. Por parte de CAR, puxéronse enriba da mesa diversas propostas para a construcción dunha pista cuberta, no entorno de A Marisma.
“Recibimos con moito interese as ideas aportadas dende os e as representantes da entidade deportiva, adiantando que para o BNG vai ser un dos obxectivos de traballo no vindeiro mandato, na área de deportes”, apuntou o edil nacionalista.
“Sentímonos moi satisfeitos no BNG, porque dásenos a razón de que a construcción das pistas no IES San Simón, non iba a ser positivo para o atletismo. Mantivémonos firmes, malia as presións, e mesmo ameazas recibidas”, destacou Xoán Carlos González. Considerou que os fondos públicos débense invertir, para enriquecer e mellorar a actividade deportiva para o conxunto da poboación.
“Continuamos coa proposta de que esta inversión deportiva, que superará o millón de euros, debe buscar unha ubicación accesible para todo a veciñanza do concello, e mesmo para outros concellos veciños”, insitíu o edil nacionalista. “A nosa prioridade que as pistas se constrúan canto antes”.
Considera que construír as pistas de atletismo suporá a implicación de diferentes administracións, incluída a Xunta de Galiza. “Incluímos unha emendas aos orzamentos da Xunta, de 300.000€, que o PP volveu rexeitar, cando trátase dunha competenza do goberno galego”, indicou. “Perdeuse un tempo precioso para tramitar todo tipo de xestións, acordos e convenios, polo empecinamento do goberno de Digna Rivas, en construír a pista no San Simón. Agora temos que empezar de cero”, lamentou. “Seguiremos traballando para que no vindeiro mandato, se constrúan as pistas de atletismo en Redondela”, rematou na nota Xoán Carlos González.