Para o BNG o goberno de Digna Rivas fai seguidismo do PSOE coas enchentes.

IMG-20221226-WA0012
Xoán Carlos González percorreu o paseo do Maceiras e comprobou os desperfectos
Xoán Carlos González, “hai semanas que deberían ter solicitado a Augas de Galiza os custes dos deperfectos no Paseo do Maceiras”
Para o BNG o goberno de Digna Rivas fai seguidismo do PSOE coas enchentes.
Tralas enchentes que se produciron en Redondela a partires da noiteboa do 2022 houbo evidentes desperfectos, principalmente nas beiras dos rios. Malia que o Paseo do río Maceiras víuse enormemente afectado, o goberno municipal quixo dar unha imaxe de normalidade. “Agardaron varias semanas a recibir instruccións da dirección provincial do PSOE, para demandar responsabilidades á Xunta de Galiza, nunha actitude seguidista”, explican dende a organización nacionalista
Pola súa banda o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González considera que o goberno municipal actuou con lentitude. “Os estragos eran máis que evidentes con balados derrubados, arrastre de xabre, buratos no medio e medio do Paseo, pedras removidas. Mantivérono aberto durante varios días, como se non tivera sucedido nada”, indica.  
Recorda que no seu momento demandou que a alcaldesa se dirixira a Augas de Galiza, como entidade responsábel de manter os ríos en boas condicións. “Ante a actitude neglixente deste ente pola falla de mantemento e limpeza de cauces e beira dos ríos, debería soportar os custes das obras de reposición”, sinala o edil nacionalista.
 
Para o BNG o goberno de Digna Rivas fai seguidismo do PSOE coas enchentes.