O BNG en Defensa da Atención Primaria Sanitaria.

FB_IMG_1675078967253
O voceiro nacionalista, levou ao Pleno unha moción en apoio á manifestación do 12 de febreiro en Compostela.
 
O BNG en Defensa da Atención Primaria Sanitaria.
Nova moción arredor da recuperación da Atención Primaria Sanitaria, presentada pola organización nacionalista que contou co apoio do PSOE, e AER. O PP, nada quixo saber desta moción.
“A Atención Primaria convértese no primeiro instrumento que o noso sistema de saúde debe mellorar, para atender á poboación”, sinalou o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. “Trátase dun recurso preventivo, que ataca as doenzas, para evitar a saturación da urxencias, e dos hospitais”, recordou ao longo da intervención.
“Os diversos gobernos da Xunta, veñen erosionando a calidade do sistema sanitario aumentando as listas de agarda, pechando puntos de atención continuada, urxencias, contratacións en precario”, denunciou o vocerio nacionalista. Recordou que “cada ano redúcense os orzamentos para Atención Primaria, fomentado a sanidade privada e hospitalaria, onde se fai o verdadeiro negocio coa nosa saúde”.
“A Plataforma S.O.S. Sanidade Pública segue nas súas movilizacións, convocando a todos os galegos e galegas á Manifestación do 12 de febreiro en Compostela. Debemos recuperar nas rúas o que nos están quitando”, sinalou finalmente Xoán Carlos González.
O BNG en Defensa da Atención Primaria Sanitaria.