Respaldo á moción do BNG para unha nova estación de tren en Chapela.

IMG-20230130-WA0000
Xoán Carlos González na súa intervención no pasado pleno.
Xoán Carlos González: “Debe aproveitarse esta infraestrutura reforzando a situación estratéxica da parroquia”.
 
Respaldo á moción do BNG para unha nova estación de tren en Chapela.
A moción defendida polo voceiro nacionalista, contou co apoio tanto do Partido Socialista como de AER. O PP abandonou a sesión plenaria, non querendo saber nada desta iniciativa. “Deixaron sen voz aos seus e súas votantes”.
Recalcou Xoán Carlos González a necesidade de recuperar o Proxecto publicitado no ano 2011 que nunca se chegou a executar. “Dende aquela, Chapela soamente se limita a ver pasar os trens, perdendo a conectividade con Vigo, Pontevedra e a fronteira portuguesa”, sinalou. Salientou a necesidade de aprobar a proposta, e contar co apoio do Pleno, para seguir traballando ata conquerir a construcción da nova estación e as conexións ferroviarias.
Recordou ao longo da súa intervención o edil nacionalista, como “nos últimos meses ténse potenciado o uso do tren como medio de transporte colectivo. Os e as cidadás, valoran positivamente as políticas de fomento do tren”.
“Chapela goza dunha ubicación estratéxica, da que pode verse enormemente beneficiada se recuperamos que o tren volva a parar nesta nova estación”, indicou o voceiro nacionalista. “Debe aproveitarse dun medio de transporte rápido, económico, medioambientalmente sostíbel”. “A construcción da estación de tren, constitúe un obxectivo estratéxico”.
Respaldo á moción do BNG para unha nova estación de tren en Chapela.