O BNG leva a mortandade da ameixa na Enseada ao Parlamento Galego.

IMG-20230203-WA0001
Xuntanza coas mariscadoras.
Nun encontro con mariscadoras de Redondela a deputada Carmela González exixíu “compromisos do goberno galego en defensa dun sector composto maioritariamente de mulleres”
 
O BNG leva a mortandade da ameixa na Enseada ao Parlamento Galego.
Na xuntanza púxose sobre a mesa a difícil situación que está a atravesar o sector do marisqueo a pé na Enseada en xeral e en Redondela en particular. “Estamos ante un panorama desolador, con bancos totalmente arrasados, no que a cría non medra ou simplesmente morre”, manifestaron as representantes da mariscadoras.
No encontro no que participaron o compañeiro Anxo Lusquiños, a concelleira Jésica García, o voceiro municipal Xoán Carlos González e a deputada Carmela González “servíu para transmitir a preocupación da organización nacionalista polo futuro do sector”. 
Por parte das traballadoras do mar volveron reivindicar a necesidade de “compromisos reais por un sector que pode ter futuro”. Reclamaron en todo momento que de verdade se lles dea resposta ás súas necesidades, “non podemos consentir que se nos siga tratando como a pata máis feble do sector do mar”.
Ao longo da xuntanza expúxerónse as diferentes iniciativas presentadas dende o BNG. “Transmitímoslle á eurodeputada Ana Miranda a problemática, quen xa reclamou en Bruxelas axudas para o sector”.
Entre as iniciativas presentadas polo BNG, recóllense “ que o goberno galego poña en marcha estudios para coñecer os motivos da baixa salinidade das rías, e desenvolver medidas para a rexeneración dos bancos marisqueiros”. Recordou Carmela González, que o Parlamento é o instrumento democrático para que a Xunta se poña a traballar.
O voceiro nacionalista Xoán Carlos González denunciou “o desinterese da Xunta de Galiza polo colectivo de traballadoras do mar. O marisqueo en Redondela pode ter futuro, e a producción da Enseada por ser vendido como un selo de calidade”
Pola súa banda a deputada Carmela González “criticou a visita da conselleira a Arcade, onde se volveu a ningunear a estas traballadoras, polas que a Xunta non fai absolutamente nada. Presentamos iniciativas no Parlamento para que se movan, e adquiran de verdade compromisos para mellorar as condicións do sector do marisqueo a pé composto maioritariamente por mulleres”, engadíu finalmente.
O BNG leva a mortandade da ameixa na Enseada ao Parlamento Galego.