O alcalde de Redondela descoñece o significado de “transporte alternativo”.

O servizo de empréstito de bicicletas de Redondela foi eliminado polo goberno de Javier Bas.
O alcalde de Redondela descoñece o significado de “transporte alternativo”.

Recordan que foi o actual goberno quen eliminou o servizo de empréstito de bicicletas.

O concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, pídelle ao alcalde de Redondela, Javier Bas, que non trivialice o concepto do uso da bicicleta como “transporte alternativo”. Consideramos que a defensa do uso deste recurso, debe vir complementado con outras medidas “que este goberno nunca contemplou”.

“Valoramos positivamente a convocatoria da Festa da Bicicleta, posto que calquera medida que fomente este medio de transporte nos cascos urbanos, parécenos axeitado”. Mais a redución do uso de vehículos a motor, principalmente particulares, debe vir acompañado doutras medidas.

Recordamos que Redondela, convertérase “nun dos concellos pioneiros no fomento e uso da bicicleta, como transporte alternativo. A institución do servizo de empréstito, constituíra todo un fito, ben percibido pola cidadanía”, afirma Xoán Carlos González. Tratábase dunha liña a seguir nunha política máis respectuosa medioambientalmente e máis saudábel, que tiña por obxecto a redución do uso do coche, para “gañar espazo para os veciños e veciñas”.

 

Unha das primeiras medidas do goberno Bas.

Dende o grupo municipal do BNG, recordamos como unha das primeiras medidas tomadas polo actual alcalde, foi a de “eliminar o empréstito do servizo de bicicletas”. Redondela, deixou pois de ser referente do uso deste “transporte alternativo” entre os concellos da provincia.

No seu momento o grupo municipal denunciou esta iniciativa do goberno de Javier Bas. “Hoxe calquera pode recoñecer a un turista por Redondela, porque son os únicos aos que se lles permite o uso das bicicletas que antigamente foran empregadas para dito servizo. Unha medida totalmente irracional e ilóxica”.

O concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, empraza ao alcalde a darlle un xiro á súa política, e promocionar verdadeiramente o uso “dun transporte alternativo” retomando o servizo de empréstito de bicicletas.

O servizo de empréstito de bicicletas de Redondela foi eliminado polo goberno de Javier Bas.

O alcalde de Redondela descoñece o significado de “transporte alternativo”.