Recollida de material sanitario e medicamentos en axuda da poboación palestina.
O BNG, dentro das actividades en apoio ao pobo palestino, está a desenvolver unha recollida de medicamentos por todo o país para despois enviar a Gaza, onde se precisa de toda a axuda que poidamos enviar despois da masacre vivida nos últimos meses.
Desde o BNG de Redondela pedimos a colaboración de toda a poboación para que aporten medicamentos (antibióticos, analxésicos, antiinflamatorios, etc.) ou material sanitario (luvas, gasas, etc.).
Dada a urxencia da situación, o envío partirá da Galiza a próxima semana, polo que este luns estaremos, de 19:00 a 21:00 horas, no noso local de Redondela e no Multiusos de Chapela, para recoller todo o que os veciños e veciñas poidan achegar.