Ana Pontón demanda en Redondela o IVE cero para alimentos básicos.

IMG_20221219_082101
Ana Pontón e Xoán Carlos González polas rúas de Redondela.
Na súa visita insistíu na campaña de defensa do BNG polo comercio de proximidade e das prazas de abastos
Ana Pontón demanda en Redondela o IVE cero para alimentos básicos.
Acompañada do voceiro municipal Xoán Carlos González, xunto a aoutr@s membros da organización nacionalista, cambiou impresións con profesionais deste sector tan importante nestes momentos de grave crise económica.
Destacou a voceira nacional, no seu encontro con diversas profesionais do sector, a calidade do produto que ofertan, ademáis do compromiso que están a demostrar.
Pola súa banda Xoán Carlos González, salientou que no comercio local, as prazas de abastos “convértense en pezas chave para manter dinámicas económicas que aseguran o futuro dun concello como Redondela”. Cargou contra o Partido Popular, que mesmo tén votado en contra de iniciativas nacionalistas que rexeitan áreas comerciais en concellos veciños en defensa do pequeno comercio
Ana Pontón reclamou medidas contra a escalada de prezos da alimentación “que esconde un alto grado de especulación”. Ante esta situación propuxo IVE cero para os alimentos que conforman a cesta básica das familias. Tamén propuxo aumentar o número de alimentos de IVE súper reducido.
Igualmente defendeu a creación dun Observatorio Galego de Prezos. “Hai que evitar que os de sempre paguen a crise mentres outros se enriquecen”, enfatizou
Ana Pontón demanda en Redondela o IVE cero para alimentos básicos.