Xoán Carlos González apremia á alcaldesa a rematar as obras na ponte de Casal do Monte en Saxamonde.

IMG-20221219-WA0001
Estado actual das obras en Saxamonde.
“Acordamos que co remanente municipal unha das partidas económicas destinaríase a unha obra paralizada dende hai dous anos”, afirma.
 
Xoán Carlos González apremia á alcaldesa a rematar as obras na ponte de Casal do Monte en Saxamonde.
As obras da ponte sobre a vía férrea en Saxamonde iniciáronse hai cinco anos, e o desinterese do goberno de Digna Rivas, mantense ata día de hoxe. “Ante as evidencias do deterioro da ponte ubicada sobre a vía férrea, perto do túnel dos Valos, emprazamos a que se afronte o remate das obras de inmediato”, sinala o voceiro nacionalista. A renovación afecta á seguridade viaria dos veciños e veciñas que viven no barrio de Casal do Monte.
“Acordamos apoiar o remantente municipal do ano 2020, porque se incluía unha partida económica para esta obra. De momento non se iniciou ningún tipo de actuación ante a indignación da veciñanza”, denuncia Xoán Carlos González.
Entende igualmente que debe dárselle solución á problemática xerada na parcela cedida por un veciño para acumular temporalmente os entullos da obra. “Este veciño, leva varios anos demandando que lle devolvan os seus terreos á situación orixinal, sen que ninguén lle dea solución”, insistíu
Recorda Xoán Carlos González, que en plena pandemia Digna Rivas levou a cabo unha asemblea na parroquia comprometéndose entre outras cuestións, a rematar estas obras, cousa que ata agora non sucedeu. 
“Dá a impresión que o goberno municipal, está máis interesado noutras intervencións de maior impacto mediático, que en resolver problemas como este. Exiximos dende o BNG, a que se tomen en serio esta obra, e a rematen de inmediato”.
Xoán Carlos González apremia á alcaldesa a rematar as obras na ponte de Casal do Monte en Saxamonde.