Apoio do BNG ás demandas de Chapela sobre Arcelor Mittal

IMG_20260218_095823
Instalacións en Chapela.

Xoán Carlos González, "Presentámoslle á AA.VV. os compromisos solicitados polo deputado Néstor Rego ao goberno do estado".

 

Apoio do BNG ás demandas de Chapela sobre Arcelor Mittal
Na última xuntanza o Consello Local do Bloque Nacionalista Galego de Redondela acordou por unanimidade apoiar as demandas da Asociación de Veciñ@s de Chapela sobre a situación da nave de Arcelor Mittal. Coinciden na necesidade de que esta infraestructura industrial non pode estar situada no medio dun entorno tan densamente poboado como o barrio de Laredo. Apelan á presión e movilización veciñal, para conseguir a reubicación desta nave industrial
O voceiro nacionalista Xoán Carlos González Campo, afirmou que existen moitas dúbidas sobre a validez da concesión dos terreos poñendo a disposición da A.VV. toda a capacidade orgánica e institucional do Bloque Nacionalista Galego. En diversos encontros con directivas da entidade vecinal, estudiaron detidamente toda a información de que se dispón.
Afirma que despois dun estudio pormenorizado da situación da nave, debemos actuar para que o espazo que ocupa Arcelor Mittal poida revertir en uso público. Nese obxectivo levan tomando diversas iniciativas dende hai meses. Mentras o goberno de Digna Rivas, estalle dando largas ás demandas veciñais, valora. 
Hai tan só uns días volvemos reunirnos coa directiva para trasladarlles as iniciativas presentadas polo deputado do BNG, Néstor Rego no Congreso, informa o edil. Por tratarse dunha concesión de RENFE, os terreos nos que se sitúa a nave industrial, o goberno do estado está obrigado a facilitar toda a información que lle solicitamos e tomar decisións. 
O voceiro nacionalista resume os requerimentos ao goberno do estado en saber en que situación legal se atopa a aceireira arrespeito os terreos propiedade de ADIF/RENFE; se considera que ARCELOR xa tén rematada a concesión; e se se tén planificado o destino dos terreos a fins públicos. Igualmente queremos saber se son coñecedores da problemática social que se xera en Chapela.
No noso escrito informamos ao goberno do estado que a nave situáse nunha parroquia de máis de 7.000 habitantes, das que arredor de dúas mil sufren a cotío o impacto negativo da actividade desta empresa, salienta Xoán Carlos González Campo. Describen que nun radio de 500m. sitúase a Alameda Rosalía de Castro, a Praza de Abastos, a Senda Verde, o CEIP Laredo, a Piscina Municipal. Salientan dende o BNG que unha media diaria de cincuenta camións de grande tonelaxe circula só para esta nave, o que incide negativamente na seguridade viaria, e calidade de vida dos veciños e veciñas de Chapela.
Debemos traballar para que a xente de Chapela poida vivir nas mellores condicións posíbeis. Non pode ser que no medio dun núcleo densamente poboado, exista unha área industrial coa consabidas molestias, contaminación, risco para a saúde e condicións de vida dos nosos veciños e veciñas, declara finalmente o voceiro do BNG.
Apoio do BNG ás demandas de Chapela sobre Arcelor Mittal