Xoán Carlos González, "Bas gáñase o soldo da liberación na deputación atacando ao BNG"

IMG-20240701-WA0001
O voceiro municipal Xoán Carlos González.

"O Partido Popular, converteuse nun lastre para o desenvolvemento de Redondela”

 

Xoán Carlos González, "Bas gáñase o soldo da liberación na deputación atacando ao BNG"
O voceiro nacionalista sae ao paso das declaracións do xefe de filas dos populares locais, sobre o non do PP á Escola Infantil en Chapela. Considera que con estos ataques ao Bloque Nacionalista Galego o exalcalde pretende xustificar a súa liberación de 60.000€ na deputación de Pontevedra”.
Afirma Xoán Carlos González que sistematicamente o BNG presenta emendas aos orzamentos da Xunta, nas que se inclúe a dotación desta escola, e sistematicamente o PP vota en contra. Considera que "empregan a súa maioría absoluta, para exercer de apisonadora, sen ningún interese en prestar servizo á veciñanza, só aos seus intereses partidistas".
Recórdalle a Javier Bas, que durante a súa alcaldía daba por bo que a escola infantil se levara aos baixos do CEIP Alexandre Bóveda nunhas condicións vergoñentas e indignas para os cativos e cativas. Demostraba que non lle interesaba o máis mínimo nin a calidade do servizo, nin as familias de Chapela.
Xoán Carlos González afirma que "Javier Bas mercou o seu billete de deputado en Madrid, coa súa sumisión durante a ampliación da autoestrada”. Renunciou a calquera defensa de melloras das condicións de vida dos nosos veciños e veciñas de Chapela, mentras o Bloque Nacionalista Galego estudiaba os proxectos de reposición e pantallas acústicas da autoestrada, presentando alegacións.
" O Partido Popular converteuse nun lastre para Redondela", afirma o edil nacionalista. Recorda o sistemático non ao pago a proveedores  do noso concello que cifra en varios centos de miles de euros. Pola contra Bas e os seus, aliáronse ao goberno de Digna Rivas para que Urbaser gañara outros tres centos mil euros máis ao ano. 
No listado de debes de Javier Bas con Redondela apunta a que “tivo na súa man o voto decisivo para forzar ao goberno municipal a facer uso do dereito a adquirir un edificio para vivendas de promoción pública, e para non molestar á Xunta votou en contra. Considera que agora como liberado polo PP na deputación, renuncia a defender a Redondela, seguindo con sumisión as directrices do presidente do ente provincial".
Finalmente Xoán Carlos González afirma que " estamos nun momento decisivo para o desenvolvemento e futuro do noso concello. Pola nosa parte mantemos e afianzamos o noso compromiso para converter a Redondela en referente da nosa bisbarra, para que forme parte do modelo de goberno BNG".
Xoán Carlos González, "Bas gáñase o soldo da liberación na deputación atacando ao BNG"