O BNG leva ao pleno a remunicipalización da recollida do lixo
Xoán Carlos González, "defendemos nunha moción, recuperar a xestión directa polo concello, un modelo máis rendíbel e respectuoso con medio ambiente”
24 feb. 2026 - 09:29
No vindeiro 2027, remata a concesión da empresa Urbaser na recollida e xestión do lixo do concello de Redondela. Despois do fracasado modelo de xestión ao servizo de Urbaser, dende a organización nacionalista valoran a necesidade de recuperar este servizo municipal. Damos pasos en firme para facer realidade o noso compromiso, recordan.
"Despois de vinte anos de xestión do lixo no concello de Redondela, cómpre porlle punto final a este modelo" , afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. "Trátase de poñer en práctica outro xeito de tratar os residuos que xeramos" , considera.
Defende o edil nacionalista "un novo modelo, no que o goberno municipal asuma directamente un servizo que por lei está obrigado a prestar, sen intermediarios" . Defende un novo modelo no que "sae beneficiada o conxunto da veciñanza dende o punto de vista medioambiental, social e de imaxe do concello" .
Na súa argumentación Xoán Carlos González afirma que " dende o punto de vista medioambiental a xestión directa vai no camiño de maior cociencia e redución en orixe dos residuos urbanos. Aspiramos a unha maior concienciación, e participación da veciñanza na redución do lixo, que se tén convertido nun problema de primeira magnitude. O concello debe ser o verdadeiro impulsor e dinamizador deste novo modelo", sinala
Cuestiona a fórmula baseada nos criterios dunha empresa privada que o que busca unicamente é a xeración de beneficios económicos. A maior volumen de residuos, maiores ingresos. A venda de materiais reciclados como o papel e cartón, vidro, plástico, suponlle uns ingresos extra que ninguén controla.
Outro aspecto que pón sobre a mesa o voceiro nacionalista reside no control directo do propio servizo. Afirma que " Urbaser tén incumplido sistematicamente as obrigas do contrato non recollendo a totalidade dos contedores, falta de limpeza e reposición dos esgazados. Incluso coa recollida de voluminosos, e electrodomésticos deixa toda a responsabilidade nos veciños e veciñas, quedando en moitas ocasións restos durante días sen que a empresa se faga cargo delas" .
"Coa xestión directa poderemos atender aos nosos veciños e veciñas con maior rapidez e axilidade, rematando de vez con auténticas fotos que enlaman a imaxe de Redondela" , insiste. "Imos cara a un novo modelo de tramento no que dende a producción en orixe, a separación, e a reutilización convertiranse nos piares do tratamento do lixo".
Non menos importante na estratexia do Bloque Nacionalista Galego, as condicións laborais dos traballadores da recollida do lixo. Mellores condicións laborais, que repercute tamén entre a nosa veciñanza
Recorda que " ao remate do contrato, a nave que na actualidade posúe na zona do Muro en Vilavella, pasará a propiedade municipal. Agora hai catorce meses para realizar todo o proceso de fiscalización e xestión burocrática para o retorno do servizo".
Por todas estas cuestións nunha moción do Bloque Nacionalista Galego que se vai debater " instamos aos grupos a darnos o seu apoio co obxectivo de recuperar a xestión do lixo. Trátase de que o goberno de Digna Rivas asuma a súa responsabilidade neste proceso, iniciando as xestións necesarias. É hora que deixemos atrás políticas de xestión a traverso de empresas que só buscan o lucro particular. En Redondela, a partires do ano 2027 as cousas van mudar", remata na súa nota.