O BNG achaca a parálise do viveiro de empresas á estratexia electoral do goberno municipal
Xoán Carlos González, "Digna Rivas actúa como cómplice de David Regades ao non poñer en marcha un equipamento para o tecido empresarial redondelá"
02 mar. 2026 - 10:49
O que se anunciara como un dos grandes logros da alcaldesa de Redondela, a creación dun viveiro de empresas, forma parte, segundo o BNG, dun novo episodio de propaganda electoral. “A propaganda sobre un equipamento para o 2025, a día de hoxe atópase nunha situación de abandono total por mero interese electoralista do Partido Socialista. Enganden que o edificio mesmo ofrece unha situación de inseguridade viaria para peóns e peoas.
Xoán Carlos González voceiro do BNG afirma que acumúlase xa un retraso nas obras de máis dun ano. Responsabiliza directamente a Digna Rivas quen como alcaldesa exerce de cómplice de David Regades, presidente da Zona Franca, propietaria do edificio, quen ademáis preside o PSOE provincial. Fala dun retraso planificado das obras de acondicionamento do edificio a carón da Ponte de Pasais en pleno casco urbano de Redondela para viveiro de empresas.
O voceiro nacionalista considera estratéxica a posta en marcha do viveiro de empresas. Neste edificio poderían iniciar a súa actividade dispoñendo de locais con rendas moi competitivas. “Unha necesidade urxente e imprescindíbel para dar un pulo definitivo ás pequeñas e incipientes empresas. Amosa a súa preocupación pola parálise en sectores tan relevantes da economía local como o comercio e as pequenas empresas.
Xa no 2019 empezáronse a lanzar as mensaxes da necesidade deste equipamento. No acordo anunciado do 2023, a Zona Franca adquiría e rehabilitaba o edificio, namentres que o concello asumía a súa xestión a traverso dun convenio. Os compromisos anunciados sinalaban 2025 para ter practicamente rematadas as obras. A finais de febreiro de 2026, nin sequera están publicadas as bases do concurso de rehabilitación, denuncia González. Pregúntase se as do 2027 van ser as terceiras eleccións municipais nas que se via falar do viveiro de empresas.
Segundo o voceiro nacionalista Redondela debe exercer de referente da bisbarra polo atraínte de iniciativas de pequenas empresas que dinamizan o concello. Debemos actuar en base a uns criterios previamente establecidos e con responsabilidade, cousa que na actualidade o goberno municipal non está a facer, lamenta. “Atopámonos nunha encrucillada onde a Xunta do PP non inviste e o PSOE marca unha dinámica de ralentización de obras e equipamentos con perspectiva electoral.
Cómpre dar un salto cualitativo da acción política que está sometida por parte de PSOE e PP a intereses de partido. Nós, o BNG poñemos os intereses e dinámicas sociais e de entidades na primeira liña para que Redondela colla pulo, remata na súa nota.