PP, PSOE, eAER xuntos contra a proposta de aumentar a subvención á Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
Voto unánime en contra dos tres grupos a duplicar a axuda de Redondela para traer ata catro cativ@s, ou adicar os importes a bens básicos nos campamentos.
02 mar. 2026 - 10:50
No cincuenta aniversario da fundación da República Árabe Saharaui Democrática, o Bloque Nacionalista Galego prlantexou a necesidade de duplicar a colaboración económica de Redondela coa Asociación de Solidariedade Galega do Pobo Saharaui. Esta proposta foi rexeitada por PP, PSOE e AER.
A emenda nacionalista, plasmada nun voto particular, pretendía duplicar de 1.780€ a 3.680€ esta colaboración coa Asociación no seu programa Vacacións en Paz. Tal e como se recolle na proposta de convenio, o custe da viaxe dun cativ@ ascende a 980€, no caso de que non se puidera realizar, esta axuda investiríase en bens básicos como produtos sanitarios para os habitantes do campamentos de Tinduf.
A iniciativa do BNG recuperaba o convenio rebaixado no ano 2025, concretando nunha partida económica importante a solidariedade e compromiso do noso concello cun pobo oprimido dende hai cinco décadas.
Xa no ano 2025 PSOE e AER reduciron o convenio coa única idea de axudarlles na súa caixa particular do remanente. Como ven sendo habitual, o Partido Popular axudoulles neste rexeitamento.