Corenta anos da loita das mulleres de TELANOSA en Redondela

IMG_20260309_202324
Simón, Verónica, Ana María e Jéssica interviron no acto.
Nun acto que recupera a memoria colectiva, dende o BNG plantexouse a creación de ciclos formativos para recuperar a tradición do sector do téxtil. 
Corenta anos da loita das mulleres de TELANOSA en Redondela
Corenta anos despois das mobilizacións represaliadas fortemente pola policía nacional, a organización local do BNG celebrou un acto en lembranza daqueles acontecementos. Daquela certificouse a desaparición dunha das empresas punteiras do estado español no sector do textil. Chegou a empregar a máis de mil traballadoras, dunha plantilla de mil duas centas persoas.
Durante varios anos de mobilizacións protagonizadas por traballadoras tentouse manter a flote unha factoría mal xestionada. A situación desembocou na constitución de TELANOSA, con capital aportado por centos de traballadoras, ata un montante de 400 millóns de pesetas do ano 1986. Moitas delas aportaron ata un millón de pesetas, mesmo contando coa colaboración das familias. O fracaso da experiencia levounas a que moitas delas contraeran elevadísimas débedas coa facenda do estado.
O BNG de Redondela, quixo recuperar nun acto simbólico a memoria colectiva destas mulleres. Poñer en valor aquela loita que se caracterizou por manifestacións, asembleas, cortes de tráfico e mesmo paralizar a circulación ferroviaria. Nalgunha das intervencións deste acto recordouse que Redondela era un pobo tomado pola policía, en referenza á dura represión da policía nacional.
A concelleira Jéssica García rematou o acto, destacando que aquela bagaxe de traballadoras experimentadas cumpría recuperala. Comprometeu o traballo do BNG en instar ás diversas administracións para crear unha formación regrada, ciclos formativos no sector do textil, para crear pequenas empresas, pequenos negocios vinculados co textil, a moda, o patronaxe... 
Corenta anos da loita das mulleres de TELANOSA en Redondela