Iniciativa do BNG para duplicar a colaboración económica coa Confraría.
Xoán Carlos González, “A nosa demanda de chegar aos 20.000€ para garantir o futuro do colectivo de mariscadoras foi rexeitada por PSOE, PP e AER”
10 mar. 2026 - 09:28
No marco da aprobación das subvencións nominativas coas que o concello colabora con diversas entidades redondelás, a organización nacionalista plantexou duplicar a colaboración económica coa Confraría. Especificamente cunha aportación para garantir o futuro do colectivo de traballadoras do mar, as mariscadoras. Un sector fortemente castigado pola alta mortandade de marisco producido polas intensas chuvias deste inverno, e o desinterese da Xunta de Rueda.
Para o voceiro do BNG, Xoán Carlos González Campo esta proposta tradúcese en duplicar as axudas do concello de Redondela. Queremos que se chegue aos 20.000 euros, como colaboración municipal cun colectivo de setenta traballadoras do mar, afirma. Considera que se trata dun sector referente na economía local que non se pode deixar morrer por inacción das administracións.
Como voceiro do grupo municipal, González tomou a inicativa asinando un voto particular ante o Pleno. Trátabase de garantir unha maior colaboración co colectivo de mariscadoras, tanto para adquirir semente de ameixa e croque, como de variantes autóctonas. Tamén considera que se debe compensar outros traballos como limpeza e vixianza dos areais sementados.
Os votos en contra do equipo de goberno de Digna Rivas, ao que se sumou o Partido Popular de Javier Bas, impediron que a iniciativa prosperara. Escenifícase novamente a boa sitonía destes grupos, neste caso en contra das mariscadoras, lamenta Xoán Carlos González Campo.