A base militante, o maior activo do BNG

A base militante, o maior activo do BNG

A unidade e o compromiso co Proxecto, eixos do traballo de todo un ano.

En tempos dunha crise económica perfectamente marcada polos poderes políticos, mediaticos e monetarios, tamén se evidencia unha crise de proxectos no eido político. A primeira leva a que se pretenda arrasar con proxectos alternativos ao sistema, como os que representa o nacionalismo democrático conformado arredor do Bloque Nacionalista Galego.

Esta “crise” en tódolos aspectos, xoga co desacougo e o medo de toda a poboación en xeral. Preténdese, dun xeito premeditado, acabar con dereitos que hai ben pouco foran conquistados co traballo e o esforzo común.

Redondela, no seu conxunto tamén está seriamente tocada desta crise económica, pero tamén ideolóxica. Mais dende o BNG, como organización que acredita nos potenciais do noso concello e de todo o País, continuamos a traballar con tesón e con confianza.

Afectados na xuntanza informativa que convocou en Redondela.

Cómpre pararnos agora nunha pequena reflexión do traballo desenvolvido durante todo un ano.

En primeiro lugar, o Consello Local quere recoñecer o esforzo, o compromiso e a unidade co que a organización local encarou este difícil ano 2013. Parabéns non só para os e as militantes, senón tamén para a base simpatizante que segue a traballar de xeito comprometido cun Proxecto posíbel e ilusionante.

P1020075

En segundo lugar salientar a “intensa actividade” desenvolvida durante todos estes meses. En ningún momento se lle deron as costas aos verdadeiros problemas que afogan ao País e ao Concello. Ante a presenza do Partido Popular gobernando nas institucións: Concello, Xunta de Galiza e Goberno do Estado, o BNG de Redondela, lonxe de deixarse “seducir por cantos de serea nuns casos, ou polo asoballamento que a dereita nos está a someter, seguiu actuando con compromiso e dignidade”.

Cecilia Pérez no acto do día da Patria en Redondela.

É de destacar a presenza constante, continuada e permanente en accións, reivindicacións en defensa dos nosos sectores produtivos (naval), e dos sectores públicos (ensino, sanidade, servizos sociais). De igual xeito a defensa de dereitos ou estruturas que defenden ás clases populares ante a presión abafante de intereses alleos.

Cabe salientar o protagonismo da base militante do BNG de Redondela, na defensa de maior Soberanía para Galiza. A convicción de que como nación soberana na que tomar decisións sobre os nosos sectores produtivos vai supoñer unha melloría nas condicións de vida de tódol@s galegos e galegas, moveunos para estar presentes en todo tipo de actos e campañas.

P1010511

Foi quen o BNG en Redondela de desenvolver campañas que afectan directamente a colectivos que son agredidos pólas políticas do Partido Popular. A través de charlas, e actos informativos coa presenza de deputadas no Congreso e no Parlamento Galego, expuxemos a postura da nosa organización sobre a reforma local, a LOMCE, ou as demandas aos emigrantes retornados.

DSC_0060

Mención a parte para o Grupo Municipal do BNG como unha das pezas máis importantes no organigrama da organización en Redondela, converteuse na oposición verdadeira e real ao goberno de Javier Bas. Con tan só dous concelleiros, teñen en xaque a un goberno que pretende campar ás súas anchas en Redondela, mais que non o vai a conseguir. Puxo o GM enriba da mesa todas aquelas cuestións e asuntos que incidían no conxunto da veciñanza. Cun enorme compromiso e responsabilidade foi que actuaron ao longo deste ano estes dous compañeiros.

Cecília Pérez e Xoan Carlos González

Recoñecer unha vez máis o labor incesante da “base militante” do BNG, principal activo da nosa organización en Redondela. Manter a confianza de que a unidade, e o compromiso van seguir sendo os garantes para que o Proxecto Político do Bloque Nacionalista Galego vai poder desenvolverse máis pronto que tarde.

Dende o Consello Local: unidade e confianza.

Adiante co BNG!

1463951_575268445856122_1828699996_n

A base militante, o maior activo do BNG