O Bloque Nacionalista Galego, responsabiliza ao goberno de Javier Bas, da perda de Fondos Europeos.

O Bloque Nacionalista Galego, responsabiliza ao goberno de Javier Bas, da perda de Fondos Europeos.

Segundo a voceira nacionalista, Cecilia Pérez, “tiveron catro anos para a xestión do Centro de Día de Trasmañó. Agora pretendían traspasar máis de 371.000€ deste equipamento para o complexo deportivo de A Marisma”.

No Pleno Extraordinario celebrado o xoves 12 de marzo, un dos puntos incluídos na orde do día recollía a proposta do goberno municipal de “reestruturación dos fondos do Proxecto Marisma Máis”. A proposta, basicamente, prantexaba eliminar varias das intervencións, como o Centro de Día de Trasmañó, o Paseo por Chapela e a recuperación do Castelo de Rande, para transferir os fondos ao Pavillón de A Marisma.

Xa na Comisión preceptiva, a representante do BNG, Cecilia Pérez, foi a única que se postulou en contra desta iniciativa do goberno de Javier Bas. Tal e como manifestou na sesión plenaria, “a nosa postura, é por coherencia e por convicción”.

A voceira nacionalista considera que “hai xa anos que Javier Bas, e o seu equipo decidiron non adaptar o antigo colexio de Trasmañó, para reconvertelo en Centro de Día”. “O goberno municipal, con Ana Alonso á cabeza, tratou de confundir aos veciños e veciñas, afirmando que se trataba dunha decisión técnica. Nada máis lonxe da realidade. A decisión de non levar a cabo esta obra, é unicamente de carácter político”.

Tal e como afirmou Cecilia Pérez durante o debate plenario, “Javier Bas quere pasar á historia do Concello de Redondela, como o alcalde que realizou macroconstruccións. Mais nunca equipamento de carácter social como o do caso do Centro de Día de Trasmañó”.

“A decisión do goberno municipal, obedece unicamente a que non queren meter nun compromiso á Xunta de Galiza, para que xestione o centro. Obedecen a intereses partidistas, namentres que obvian os intereses das familias redondelás que poderían saír beneficiadas, co segundo centro público para persoas maiores de Redondela”, afirma Cecilia Pérez.

Incluíron unha partida orzamentaria de máis de 370.000€ para a construción do Centro de Día nos orzamentos do 2014.  Segundo Cecilia Pérez, “agora demóstrase que todo era mentira, porque nunca tiveron vontade de construílo”.

Recalcan dende o BNG, que a proposta de construción do Centro de Día, incluíuse como iniciativa da organización nacionalista no goberno municipal de Redondela. “Esperamos pacientemente durante anos, para que esta obra pasara a formar parte da rede de equipamentos sociais do concello. A pesares de que o goberno de Javier Bas, abandone o proxecto, o BNG nun  novo goberno municipal saído das eleccións de maio, vai a seguir traballando polo Centro de Día de Trasmañó”.

 

O Bloque Nacionalista Galego, responsabiliza ao goberno de Javier Bas, da perda de Fondos Europeos.