Cecilia Pérez, voceira do BNG: “Os do 2015 trátanse duns orzamentos claramente electoralistas”.

Cecilia Pérez, voceira do BNG: “Os do 2015 trátanse duns orzamentos claramente electoralistas”.

Por vez primeira durante o mandato de Javier Bas, os grupos da oposición coincidiron en rexeitar os orzamentos. A concelleira Ana Alonso, quedouse sen argumentos para defender uns orzamentos, con mínimo contido social.

Cecilia Pérez defendeu a postura da organización nacionalista baseándose na mínima inversión de carácter social, no sentido electoralista dos orzamentos, xunto á ficticia previsión do capítulo de ingresos, cun informe de intervención demoledor.

A voceira nacionalista, desmontou un por un os argumentos esgrimidos pola concelleira de facenda, quen nesta ocasión pretendeu meter presión á oposición, sen conseguilo. Considera a voceira nacionalista, que “ as partidas que verdadeiramente artellan un Concello, aquelas que combaten a crise, conxélanse”. Deste xeito, os orzamentos, non están ao servizo das necesidades e intereses de Redondela. Están ao servizo dos intereses de Javier Bas.

Exemplificou a falla de compromiso coas políticas de acción social, coa partida adicada a emerxencia social, orzamentada en 60.000€. Os mesmos que o ano 2014, pero dos que o goberno unicamente gastou o 30%. Pola contra, os capítulos referidos a áreas que o goberno de Javier Bas, prioriza, como parques e xardíns, ou vías e obras, deben ser reaxustados a final de ano, por superar as partidas orzamentadas.

Fixo mención igualmente Cecilia Pérez, ao estancamento das partidas relacionadas co ensino público. “As ANPAs tardan en cobrar, as axudas para comedores escolares, conxélanse, ao igual que os convenios de autoxestión dos colexios de Redondela”.

Noutra parte da súa intervención a voceira nacionalista, centrouse na “política de creación de emprego” tan anunciada por Ana Alonso. En canto aos Obradoiros de Emprego, resumiunos en que non está respaldados por ningún tipo de estudo, e que non crean tantos postos como anuncian.

Neste mesmo sentido referiuse a que o goberno de Javier Bas “contrata persoal durante seis meses, a razón de vinte e cinco horas semanais, por pouco máis de 500€. “O seu goberno unicamente fomenta o emprego en precario”, sentenciou a voceira nacionalista.

Finalmente, e por vez primeira AER, PSOE, BNG coincidiron en rexeitar a proposta de orzamentos do 2015.

10371896_656682427734136_4707414981257030143_n

Cecilia Pérez, voceira do BNG: “Os do 2015 trátanse duns orzamentos claramente electoralistas”.