O goberno de Javier Bas, actúa de xeito malintencionado.

O goberno de Javier Bas, actúa de xeito malintencionado.

O caso da construción dos balados no areal da Praia de Cesantes, convértese nunha nova mostra, de que o alcalde, unicamente manipula para acadar os intereses de partido. Nada ten a ver esta actuación, coa conservación e preservación do areal. En canto á recuperación medioambiental, o goberno de Redondela, convértese nun claro exemplo de ignorancia, incapacidade e neglixencia.

Para o BNG, Javier Bas, enganou e manipulou a forzas política e colectivos. Este engano xa se iniciara o ano pasado, coa contracción de varios balados que ocuparon parte do areal. Daquela, escorreran o vulto afirmando que fora unha cuestión de Costas.

Noutra intervención,  pretendeuse construír un novo balado varios metros dentro da propia praia. A rápida actuación da AA.VV. De Cesantes, paralizou esta nova agresión.

En contra do informado e do acordado,na construción do Paseo pola Praia de Cesantes, as máquinas están a degradar o areal. Sempre se falou dunha actuación co menor impacto posíbel, para non afectar ao movemento da area, e a preservación do propio banco marisqueiro. O compromiso, mesmo no Consello Parroquial, baseábase en construción en chafrán, con penedos que permitiran o movemento da area e da auga, unicamente con obxectivo de conter as terras.

Agora evidénciase que o obxectivo de Javier Bas, e o seu goberno, será o de construír un Paseo ao uso. Un Paseo, agresivo medioambientalmente, quen non ten en conta o respecto por un entorno, xa de por si degradado, que unicamente obedecen a intereses electoralistas.

A pegada de Javier Bas e o seu equipo, non pode ser máis nefasta. Calquera das intervencións realizadas durante este mandato, e que teña a ver coa recuperación medioambiental, no entorno da Praia de Cesantes, non superan o moi deficiente.

A Duna, auténtica alfaia deste espazo, está ferida de gravidade. Investíronse máis de 8.000€, mais non se asegurou o seu futuro.

Durante máis dun ano, mantívose “un contedor” camuflado, preto da Punta. Pretendía mantelo, o goberno de Javier Bas, e por iso tirou con 5.000€. Novamente a AA.VV., presionou para retiralo.

O Bloque Nacionalista Galego, vai seguir traballando para preservar o futuro da Praia de Cesantes. Cómpre deixala nas mellores condicións posíbeis. Agora, fronte aos intereses particulares, cómpre manter a tensión sobre esta actuación tan agresiva, que pode supoñer a defenestración definitiva da Praia. É urxente botar ao PP da alcaldía para evitar que acaben de vez coa Praia de Cesantes.

 

Foto: Asociación de Veciños de Cesantes.

O goberno de Javier Bas, actúa de xeito malintencionado.