O BNG abandona o Pleno ante a prepotencia de Digna Rivas.

IMG_20231204_084245
Momento no que o grupo municipal sae do pleno.

Xoán Carlos González Campo, “pretendeu coaccionarme cando como voceiro do BNG defendía a nosa moción da Escola Infantil de Chapela”.

 

O BNG abandona o Pleno ante a prepotencia de Digna Rivas.
PP, PSOE e AER votaron a favor do regulamento do voluntariado no Pleno de novembro. O Bloque Nacionalista Galego votou en contra argumentando o intento de “ninguneo” do equipo de goberno durante estes meses. Na súa intervención o voceiro nacionalista enumerou diversos episodios nos que “malia a actitude propositiva e colaborativa do BNG a resposta que recibimos non foi positiva”.
Mais a boa sintonía entre o goberno e o principal grupo da oposición non quedou aí. Javier Bas e o PP amosan un constante desprezo ao regulamento do concello, sen que a alcaldesa exerza o seu papel de máxima autoridade municipal. Sorpresivamente Digna Rivas si quixo impor a súa vontade ao voceiro nacionalista, Xoán Carlos González Campo. Interrompeu a quenda de intervención do concelleiro nacionalista sen motivo, impedindo que puidera argumentar a defensa da moción asinada por el mesmo sobre a Escola Infantil de Chapela.
“Acabamos de asistir ao intento da alcaldesa de Redondela de impor a súa vontade ao voceiro do BNG, e iso non llo imos consentir”, enfatiou o Xoán Carlos González Campo. “Imos reprantexarnos as nosas relacións co PSOE, e con Digna Rivas. Confunden colaboración con imposición”, sinalou finalmente
O BNG abandona o Pleno ante a prepotencia de Digna Rivas.