Redondela ao nível de Lugo e Ferrol, e por riba de Pontevedra… no gasto de alumeado de Nadal
“Só nas luces gástanse 151.000€ o que contrasta coa moderación na que están traballando concellos da nosa contorna”.
04 dec. 2023 - 08:50
O inico das festas do Nadal en Redondela supoñen unha inversión das de maior orzamento dos concellos da nosa bisbarra. A adxudicación final chegou aos 151.000€, para a instalación do alumeado de Nadal, unha decisión tomada unicamente dende a alcaldía do concello. Deste xeito ocupamos no “ranking” a zona alta de Galiza. Equiparámonos con cidades como Lugo ou Ferrol. Nesta lista superamos mesmo a Pontevedra capital.
Pode tratarse dunha proposta cunha eminente visión populista da “construcción idealizada da felicidade”. Lonxe de actuar cun criterio máis restritivo e moderado, continuamos cun gasto que tén que se revisado. Compre atender outras inversións prioritarias, construír un concello de oportunidades dando resposta ás demandas sociais.
Dende o Bloque Nacionalista Galego seguiremos facendo propostas cribles, porque somos a verdadeira alternativa, nas novas aspiracións dos veciños e veciñas de Redondela.