O BNG acorda deixar de participar na Comisión de Procesos Selectivos

IMG-20250115-WA0003
O voceiro municipal Xoán Carlos González

Xoán Carlos González, “o goberno de Digna Rivas nunca propuxo negociar as prazas dunha Comisión creada por PP e AER que non pasa poolo Pleno”.

 

O BNG acorda deixar de participar na Comisión de Procesos Selectivos
O goberno municipal convocou aos grupos da oposición á Comisión de procesos selectivos para a creación dunha bolsa temporal de traballo de bibliotecari@, e unha praza de peón/peoa forestal para o programa “Aprol Rural 2025”. “Despois de varios anos nos que fixemos aportacións, decidimos deixar de participar porque o goberno de Digna Rivas nunca consensuou co BNG as diferentes prazas a ofertar”, sinalou o voceiro nacionalista Xoán Carlos González.
Considera que se trata dunha nova mostra de que o goberno municipal cando pode actúa sen ter en conta a opinión da organización nacionalista. Aclara que se trata dunha Comisión “ficticia”, porque máis alá de poder facer aportacións nas bases e puntuacións, o acordado nesta comisión non pasa polo debate do Pleno.
Recorda que a comisión creouse en tempos de Javier Bas como alcalde froito das negociacións con AER. “Daquela existía unha forte desconfianza sobre todo tipo de convocatorias de emprego público, e co obxectivo de dar imaxe de transparenza e participación crearon esta Comisión”. A comisión mantivose durante estes anos, mais carece dunha efectividade real ao non pasar por decisión plenaria, porque a lei o permite.
O BNG acorda deixar de participar na Comisión de Procesos Selectivos