O BNG de Redondela denuncia a falta de compromiso pola conciliación familiar de Digna Rivas

FB_IMG_1666592533354

Desde o BNG de Redondela denunciamos o copago, a ausencia de compromiso lingüístico e a excesiva burocracia dos campamentos de verán que oferta o goberno do PSOE.

 

O BNG de Redondela denuncia a falta de compromiso pola conciliación familiar de Digna Rivas
Co final dos cursos escolares achegándose, moitas familias de Redondela afrontan como resolver verdadeiros problemas de conciliación familiar durante o verán, unha etapa onde o traballo e as vacacións estivais das estudantes se xuntan.
 
Nunha mostra nova de que isto non é un problema real para o goberno de Digna Rivas, acabamos de coñecer que a oferta do concello para este verán presenta numerosas carencias, entre as que destaca que se prime a oferta máis barata sobre a calidade do proxecto, que mesmo obstaculiza a participació do alumnado con necesidades de apoio.
 
Lamentamos que por primeira vez o goberno local obrigue ás súas usuarias a custear o copago sen ningún fundamento.
 
Ademais, nunha situación de crise extrema de falantes de galego entre as máis pequenas, denunciamos que o modelo de campamentos de verán do PSOE non contempla en ningún momento a posibilidade da inmersión lingüística en galego.
 
A nosa aposta é radicalmente diferente. Defendemos un modelo de conciliación alternativo, gratuíto, en galego e accesíbel para todas as familias da nosa vila.
 
O BNG de Redondela denuncia a falta de compromiso pola conciliación familiar de Digna Rivas