O BNG e Galiza Nova Redondela denuncian a organización dun evento musical na Illa de San Simón

IMG-20250608-WA0008
BNG e Galiza Nova na concentración IGM.

Este pasado domingo, militantes do BNG e de Galiza Nova Redondela participamos da acción de denuncia contra a desmemoria organizada por Iniciativa Galega pola Memoria no peirao de Cesantes.

 

O BNG e Galiza Nova Redondela denuncian a organización dun evento musical na Illa de San Simón
Denunciamos a Consellaría de Cultura da Xunta pola aprobación dun evento musical que se realizou o domingo 8 de xuño na Illa de San Simón. Consideramos unha ofensa contra a memoria histórica a organización deste tipo de eventos, cotiáns para o PP, nun epicentro da loita antifranquista como é a illa.
 
Desde o BNG de Redondela levamos anos traballando para dotarmos a illa dun Plan de Usos no PXOM. É urxente establecermos claramente que actividades se poden realizar e cales non para honrarmos a memoria das represaliadas durante o franquismo.
 
A Lei do Patrimonio da Galiza establece que os concellos deben elaborar os documentos urbanísticos axeitados a Bens Culturais, como San Simón, polo que exiximos que o goberno local do PSOE actúe dunha vez.
 
Exiximos menos accións de cara á galería por parte do goberno de Digna Rivas e máis accións reais que camiñen cara a un modelo acorde coa importancia histórica e antifascista da illa.
 
O BNG e Galiza Nova Redondela denuncian a organización dun evento musical na Illa de San Simón