O papel do BNG de Redondela no acceso ao mar na zona de Soutelo, Cedeira
Xoán Carlos González, “mentra o goberno do PSOE poñíase de perfil asesoramos e apoiamos ao colectivo”
02 xuño 2025 - 17:33
Na loita iniciada no verán de 2023 polo dereito de acceso ao mar o BNG mantivo unha liña de diálogo e información aberta cos colectivos involucrados. Dende o inicio do conflicto a persoa liberada no concello a cargo do BNG estudiou e contrastou permanentemente toda a información que se actualizaba. A atención a colectivos e particulares, a quen o concello negaba apoio, converteuse nunha das tarefas desta persoa.
Segundo o voceiro nacionalista, “esta implicación do persoal a cargo do BNG foi o derradeiro episodio para que se puxeran de acordo PP e PSOE para cesala”. Sinala que mentras o goberno do PSOE abandonaba á súa sorte a quen defendía o dereito ao mar en Soutelo.
Describe outra das iniciativas impulsada dende a organización nacionalista consistíu en deter a pretensión do goberno do PSOE co silencio do PP de recoñecer en pleno que as escaleiras pertencían a este particular. “Por iniciativa do BNG paralizouse esta proposta plenaria.”, engadíu na súa nota o voceiro nacionalista.
Tamén dende o BNG de Redondela para poñer en valor a iniciativa do colectivo de veciños, levaron a problemática ao Consello Parroquial de Cedeira. “Quixemos que o resto da parroquia amosara o seu apoio e recoñecemento a estos veciños e veciñas xa que o goberno municipal do PSOE non o fixo”.
Nos últimos días o por responsabilidade o grupo municipal rexeitou a proposta levada a pleno polo goberno do Inventario Municipal de Bens, porque entre outras non contemplaba recoñecer, ou cando menos traballar para que este paso pase a ser dominio público.
Tamén ofreceu a organización nacionalista o seu local de Redondela para manter un encontro cos colectivos de Cedeira para que se explicaran de primeira man todos os pasos dados. “Hai tres meses que o goberno do PSOE puido iniciar contactos para dar publicidade a esta loita, e volveu a darlle as costas a este grupo de veciños”, sinala o voceiro municipal do BNG.