Recoñecemento do BNG de Redondela ás veciñas que colaboraron na Festa da Coca.
Se para algo serviu a celebración da festa foi para remarcar o espírito de traballo colectivo como selo de identidade da nosa vila.
23 xuño 2025 - 19:34
Durante semanas, ducias de voluntarias colaboraron na confección das alfombras polas nosas rúas.
Destacamos a implicación e o esforzo de tantas persoas para que as nosas tradicións sigan vivas como a danza das espadas e a coca con xigantes e cabezudos.
Por desgraza, o goberno de Digna Rivas mantén á minima todas as nosas festividades, limitando así as súas potencialidades.
O tecido asociativo e cultural da nosa vila é chave na construción da Redondela alternativa que queremos facer.