O BNG acusa ao goberno de Digna Rivas de irresponsabel ao renunciar a un edificio para vivenda de promoción pública.

IMG_20251104_091001
Vista do entorno onde se construirán novas vivendas.

Xoán Carlos González: "Propuxemos usar o dereito do concello a adquirir un edificio de ata trinta vivendas de promoción pública por medio millón de euros."

 

O BNG acusa ao goberno de Digna Rivas de irresponsabel ao renunciar a un edificio para vivenda de promoción pública.
"Irresponsábel e inxustificábel que o goberno municipal de Redondela renunciara a adquirir unha obra para vivendas de promoción pública." Nestos termos califican dende a organización nacionalista ao bipartito PSOE/AER á renuncia a adquirir un edificio que permitiría por vivenda de promoción pública no mercado. Nesta decisión plenaria contaron, como era de esperar, co apoio do Partido Popular. 
Un dos puntos do pleno de outubro recollía a autorización da transmisión do dereito á construcción dun edificio de ata sete alturas, na urbanización das antigas naves de Regojo, no casco urbano de Redondela. O goberno tiña a posibilidade de facer uso do dereito de retracto, polo que podería facerse con este edificio, afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González.
En concreto refírese a un edificio pertencente á SAREB, do que soamente están construídos os sotos e dous baixos e que podería chegar ata as sete alturas. "Estaríamos ante a posibilidade de construír ata trinta vivendas de promoción pública no centro de Redondela", afirma o voceiro nacionalista. Entende que poderían porse no mercado alugueres asequibles para xente moza, para novas familias, ou aquelas que estean a sufrir a crise da vivenda, afirma. 
En concreto fala de medio millón de euros, polos que podería ser asumido a adquisición deste edificio. Uns custes para os que o concello dispón de fondos, sinala. Posteriormente entablaríase unha negociación coa Xunta para rematar a construcción e xestionar os alugueres. Un goberno responsábel tería actuado doutro xeito, recalca Xoán Carlos González.
Entende o voceiro nacionalista que deste xeito, podería paliarse en parte a problemática do aluguer que está asfixiando a numerosas familias do noso concello. Xente moza, familias recén formadas, persoas maiores, diversas e diferentes poden ser as modalidades para dar un uso social a este edificio.
Critica duramente o edil do BNG tanto a PSOE como AER, pola súa actitude neglixente e irresponsábel cos e coas redondelás. "Actuaron con cinismo pois hai un ano apoiaron unha moción abalada por 3.000 sinaturas para por todo o seu empeño e adquirir vivenda de promoción pública, e ante unha oportunidade unica déronlle as costas aos novos vecinos e veciñas." Considera esperable a postura do PP que apoiou neste tema tamén ao bipartito, porque os seus intereses son alleos aos dos vecinos e veciñas. Volveron darlle as costas aos nosos veciños e veciñas recalca. 
Imos crear a oficina de vivenda para desenvolver políticas activas co fin de mitigar esta problemática de elevadas rendas de aluguer que en Redondela estase cebando coa nosa xente. Trátase dun recurso dispoñer de vivenda asequible para aquelas familias ou individuos que queiran desenvolver o seu proxecto de vida no noso concello. Debémosllo aos e ás redondelás, remata na súa nota Xoán Carlos González
O BNG acusa ao goberno de Digna Rivas de irresponsabel ao renunciar a un edificio para vivenda de promoción pública.