O BNG a prol dunha Oficina Municipal de Promoción de Vivenda

IMG_20251026_135113

Xoán Carlos González, "O bipartidismo en Redondela demostrou que non está interesado en priorizar o acceso á vivenda”

 

O BNG a prol dunha Oficina Municipal de Promoción de Vivenda
O obxectivo da organización nacionalista en Redondela consiste en desenvolver políticas activas en defensa da vivenda de promoción pública. O encarecemento constante da vivenda no noso concello, a precarización das condicións de vida están a expulsar na última década a familias enteiras. As dificultades para poder facer frente a alugueres axustados, obriga ao concello a tomar a iniciativa. 
Traballaremos e actuaremos para crear unha oficina municipal de vivenda pública, como xa sucede noutros concellos do país. O obxectivo reside en desenvolver políticas que se centren en facilitar o acceso de xente moza, novas familias, familias que están a sufrir a crise económica. 
Esta oficina municipal de vivenda, xestionaria todos os trámites, poría en contacto posíbeis arrendatarios e arrendadores, e mesmo actuaría de mediador en posíbeis conflictos. Á vez demandaríase do gobero da Xunta desenvolver actuacións en Redondela, asumindo a súa responsabilidade.
O bipartidismo PP/PSOE, a quen se sumou AER, votou unido a favor de transmisión dun edificio propiedade da SAREB a unha constructora. Deixaron pasar estos partidos a oportunidade de poner no mercado vivenda de promoción pública. Déronlle as costas á xente moza, aos nosos vecinos e veciñas, a numerosas familias con dificultades de acceso á vivenda. A decisión tén se cabe maior gravidade posto que o goberno municipal, por oportunismo político, non tivo ningún reparo en apoiar unha moción de iniciativa popular
O bipartidismo en Redondela demostrou que non está interesado en priorizar o acceso á vivenda.
O BNG a prol dunha Oficina Municipal de Promoción de Vivenda