Xoán Carlos González afirma que Digna Rivas deulle a razón ao BNG

IMG-20250701-WA0001
Xoán Carlos González

"Presentar a aprobación do Inventario Municipal por puntos, propor a reducción do gasto para recoñecer facturas, ou negociar os soldos dos concelleiros, algúns exemplos”, afirma

 

Xoán Carlos González afirma que Digna Rivas deulle a razón ao BNG

Os últimos plenos en Redondela viñeron a darlle a razón ao Bloque Nacionalista Galego.

Fronte ás estridencias mediáticas da alcaldesa Digna Rivas, que nos levou a unha absurda moción de confianza, ou ao acoso ao que nos someteu o Partido Socialista, por intereses partidistas. Dende a nosa organización respostamos con rigor e madurez política sabedores e sabedoras de que o tempo íanos dar a razón.

En marzo deste ano, o goberno municipal presentou o Inventario Municipal de Bens, tras o preceptivo periodo de alegacións. Dende o BNG advertimos da problemática de aprobar que o Camiño de Soutelo, no seu acceso ao mar, non se recoñecera como titularidade pública. Este punto mantívoo bloqueado o goberno de Digna Rivas durante seis meses, ata que se víu forzado a levalo por puntos ao pleno. Desatascáronse puntos importantes con este Inventario.
O recoñecemento de facturas por traballos e subministracións realizados no ano 2024, tamén debería ter sido aprobado a inicios do ano. Dende o BNG exiximos responsabelmente que se minguara o gasto non necesario ou urxente e que se realizara unha valoración anual. Na estratexia de desgastar á nosa organización a alcaldesa tivo sen pagar a proveedores locais, máis de seis meses. Unha irresponsabilidade.
O terceiro exemplo, Cando aínda non remataba o 2024, producíuse un cambio no goberno de Digna Rivas. A incorporación de Alberto Álvarez supuxo un motivo de enfrentamento con BNG, forzado dende a alcaldía. Quíxose impor un novo soldo, a traverso de coaccións. Sacrificou o soldo deste concelleiro, quen estivo nove meses sen cobrar. O PSOE desenvolveu toda unha campaña de acoso e derrubo do grupo municipal nacionalista. No pleno de outubro de 2025, incorporouse un novo concelleiro, Vicente Lamas. Trátase do seu segundo mandato. No primeiro, negociouse o seu soldo, como é normal, e non houbo ningún problema. 
Xoán Carlos González afirma que Digna Rivas deulle a razón ao BNG