Renovación do Consello de Administración de Radio Redondela, dous anos tarde

images (1)

O nomeamento do ente directivo a estas alturas do mandato amosa unha vez máis o desinterese do goberno de Digna Rivas.

 

Renovación do Consello de Administración de Radio Redondela, dous anos tarde
Radio Redondela leva vinte e tres anos emitindo para o concello e para os concellos de Soutomaior, Pazos e Fornelos. Creouse por iniciativa do Bloque Nacionalista Galego, como un recurso de participación cidadá.
O gobernó de Digna Rivas que renovou o seu mandato en xuño de 2023, leva máis de dous anos sen renovar o Consello de Administración. Un exemplo máis do desinterese en facer cumplir a normativa coa que nos dotamos, afirma o voceiro municipal Xoán Carlos González.
O voceiro nacionalista destacou o compromiso da súa organización coa participación vecinal en todas as súas variantes. Recordou que co BNG no goberno de Redondela, creáronse os consellos parroquiais, Consello Municipal Forestal, Consello Municipal da Muller, Radio Redondela. Ao resto dos grupos PP, PSOE, AER sempre lles resultaron incómodos.
Nove conselleiros e conselleiras que forman parte deste Consello, nunha proporcionalidade similar ao dos grupos con presenza na Corporación Municipal.
Durante o debate plenario, o voceiro do BNG apoiou a proposta do goberno, para desatascar esta situación na que nos meteu o goberno de Digna Rivas. Deste xeito o Consello de Administración de Radio Redondela poderá botar a andar.
Renovación do Consello de Administración de Radio Redondela, dous anos tarde