O BNG, advirte que os cambios das datas das feiras, “require a modificación do Regulamento municipal”.
O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, voceiro nacionalista, afirma que “Digna Rivas debería saber que a competenza para modificar o Regulamento, reside no Pleno”.
Saen ao paso dende a organización nacionalista, ao anuncio feito público polo goberno municipal do cambio de datas da celebración das feiras en Redondela no que resta do 2021. “Dende hai décadas as feiras realizábanse os días 6 e 21 de cada mes. Convertéronse en datas sinaladas no calendario mensual, tanto para feirantes como para a veciñanza”, recorda.
“Cambiar para os domingos as feiras ata decembro, constitúe unha modificación do Regulamento de Venda Ambulante”, afirma Xoán Carlos González, quen considera que para modificalo, a alcaldesa Digna Rivas, esta obrigada a levalo a Pleno.
Aclara que son poucas, escasas, as competenzas que o máximo órgano de representación veciñal, como é o Pleno, pode asumir en decisións que afectan a Redondela. “Esta é unha das poucas que exiximos que se cumpra”, afirma.
De igual xeito entende, que se debe contar coa opinión das forzas políticas e dos propios representantes dos e das vendedores ambulantes, para tomar unha decisión deste tipo. “Ata onde sabemos, unicamente se sondou a estes representantes, mais están á espera a manter unha xuntanza co edil de Feiras, e a propia alcaldesa, Digna Rivas”.
Aconsella finalmente, o voceiro municipal nacionalista a Digna Rivas, “que non permita que sexa o PP quen lle marque o paso neste tipo de decisións. Se quere contar co apoio do BNG, debe negociar con todos”, remata na súa nota.