O BNG chama á movilización social en apoio á Manifestación Pola Supresión da Peaxe de Rande.

IMG_20210325_090720
Concentración do BNG por unha AP9 galega
Dende a organización nacionalista queren amosar públicamente o apoio á convocatoria de Manifestación realizada dende as A.VV. De Chapela, Trasmañó e Teis, co obxectivo de suprimir a Peaxe de Rande. Chaman ao conxunto da veciñanza redondelá, e todo tipo de colectivos tanto veciñais, deportivos, culturais, sociais, de mulleres, para apoiala. 
O BNG chama á movilización social en apoio á Manifestación Pola Supresión da Peaxe de Rande.
O concello de Redondela, padece e sufre, dende hai décadas o expolio ao que AUDASA, coa complicidade de PP, PSOE e Podemos, está a someter a aqueles redondeláns, que a cotío empregan esta infraestuctura, tendo que pagar unhas das peaxes máis cara do estado. As continuas subas que afectan ao conxunto da AP9, mais en especial a Rande, únicamente serven para que a concesionaria, aumente as súas ganancias, sen prestar un verdadeiro servizo público. Nun contexto de grave crise económica, non pode ser que a clase traballadora siga soportando esta carga.
Recordan como Chapela, sufre un dobre agravio, pois ademáis de sufrir as ampliacións e incomodidades durante décadas. A movilización veciñal debe servir para que canto antes se realicen as obras de reposición de viais e infraestructuras parroquiais. Destacan a urxencia da instalación de pantallas acústicas na Autoestrada, co fin de mitigar os problemas nas vivendas e no IES Chapela, do movemento de tráfico. destacando a instalación de pantallas acústicas
Reiteran dende o BNG, a necesidade dunha resposta masiva do corpo social redondelá, para que en Madrid os responsábeis tanto de PSOE como de Podemos escoiten o berro veciñal con obxectivo de supresión inmediata da Peaxe de Rande.
Consideran os e as nacionalista que o sábado 27 convírtese nunha data de enorme trascendenza na loita polo levantamento definitivo das barreiras. É o momento definitivo para rematar de vez con esta aldraxe.
Destacan a moción presentada pola súa organización que vai defender o voceiro municipal, Xoán Carlos González, para que o Partido Socialista cumpla cos acordos, reducindo as Peaxes, eliminando a de Rande, rematan no seu comunicado.
 
 
 
 
O BNG chama á movilización social en apoio á Manifestación Pola Supresión da Peaxe de Rande.