Iniciativa do BNG no Congresos polas obras de reposición da AP-9 en Chapela e Trasmañó.
O deputado nacionalista, Néstor Rego presentou unha pregunta sobre as melloras realizadas por colectivos ao Proxecto de Reposición.
No mes de xaneiro, no marco dun encontro mantido polo deputado nacionalista con membros das A.VV. De Chapela, Trasmañó e Chapela, adquiriu o compromiso de plantexar unha iniciativa no Congreso para coñecer a situación do Proxecto. “Decantámonos por presentar diversas preguntas ante A Mesa do Congreso, no que queremos saber se no Proxecto de Reposición, se van a incluír actuacións que colectivos, e tamén o BNG, presentou”.
No corpo do texto faise referenza á ponte sobre a Autoestrada de acceso a Trasmañó, que ademais da obra de ampliación recollida, “plantexouse a instalación dunha pantalla de seguridade”. Outra das alegacións plantexa a mellora dos camiños das Laxes en Río Frío, deteriorado pola maquinaria pesada que realizou un balado de contención.
Co fin de mellorar o Proxecto de Reposición contémplase a instalación de pantallas vexetais “co fin de reducir o impacto visual dos balados da Autoestrada, que atravesa o núcleo urbano de Chapela”. No camiño de Mouriño, proponse igualmente a construción dun paso elevado.
Néstor Rego tamén quere saber se a ponte peonil no Camiño de Igrexa vai cumprir coa Lei de Accesibilidade, tal como demandou a organización nacionalista nas alegacións que presentou. “Tamén propuxemos aumentar o carril de aceleración de acceso á Autoestrada dende a avenida de Redondela para mellorar a seguridade viaria”.
Un apartado das alegacións refírese á conservación de diversos elementos patrimoniais, como fontes e lavadoiros, que para a organización nacionalista, deben manterse, e que as obras propoñen derrubar.
Pola súa banda o voceiro municipal do Bloque Nacionalista Galego, Xoán Carlos González, destacou a importancia desta iniciativa no Congreso. “Obedece a un compromiso adquirido coas A.VV., de forzar a que as obras de reposición e compensación, mitiguen o negativo impacto da Autoestrada. Segundo o edil, “á espera de estudiar polo miúdo a adenda definitiva, as informacións publicadas, reafirman a nosa idea que as obras van ser moi axustadas, sen compensar verdadeiramente a Chapela”.
“Pretendemos, que no Proxecto de Reposición se introduzan estas alegacións, para compensar a Trasmañó e Chapela. De igual xeito instamos ao Ministerio a que realice as obras no menor tempo posible, de instalacións de pantallas acústicas, para reducir os problemas do IES Chapela”, remata na nota Xoán Carlos González.