Para o BNG o alcalde hai meses que está de costas ás necesidades d@s veciñ@s de Redondela.

Para o BNG o alcalde hai meses que está de costas ás necesidades d@s veciñ@s de Redondela.

As declaracións do alcalde Javier Bas contra o BNG por cuestionar a falla de planificación das inversións no concello,  non fan máis que reafirmar o compromiso da nosa organización política cos veciños e veciñas de Redondela. “Hai xa meses que Javier Bas está de costas ás necesidades dos e das redondeláns. Os diferentes investimentos deben ter en conta  estas demandas ”.

Cuestionamento da inversión.

Como xa expresamos na nosa anterior nota, o Bloque Nacionalista Galego non cuestiona a necesidade de renovación do terreo de xogo e outras instalacións no Campo de Fútbol de   Santa Mariña. Poñemos en entredito  o xeito de que se centralice nunha única infraestrutura deportiva, sen dar resposta a demandas ou necesidades doutras partes do concello, como no caso do campo de Fútbol de O Viso ou de Vilar. Así a Deputación exerce de máquina de cartos en función de intereses electoralistas.

Desmentidos.

As afirmacións de Javier Bas, en canto ás constantes negativas do BNG son contrastadas por medio das mocións ou acordos aos que se ten chegado co noso apoio. “O que nunca imos a facer é seguidismo do PP, posto que se atopa nas antípodas do Proxecto que para Redondela impulsa o BNG”. “Máis ben todo o contrario. Foi o goberno municipal quen pretendeu, sen conseguilo, acabar con iniciativas prantexadas dende esta organización nacionalista”.

En canto á presunta oposición que Javier Bas pón en boca do BNG en temas como o arranxo do pavillón de Chapela ou do viaduto en Vilavella, consideramos que se trata de “máis mentiras indignas de todo un alcalde de Redondela”.

O exemplo das prioridades do PP está na falla de cumprimento de compromisos electorais populares en cuestións tan evidentes como o patio cuberto no colexio de Santa Mariña, a creación do GRUMIR ou o reordenamento do tráfico en Chapela e Redondela. “Nas ofertas electorais do PP, non hai que ler as maiúsculas. Hai que ler a letra miúda do contrato”.

Seguir exercendo unha oposición responsábel.

O BNG vai seguir facendo unha oposición responsábel, guste ou non ao alcalde. Continuaremos fiscalizando o seu traballo e a do resto do equipo de goberno, non só para cuestionalo cando sexa necesario, senón para amosarlle aos veciños e veciñas cal é a alternativa axeitada para Redondela.

Para o BNG o alcalde hai meses que está de costas ás necesidades d@s veciñ@s de Redondela.