O BNG amosa a súa preocupación polo estado da Duna de Cesantes.
Dende os temporais do inverno pasado, a superficie da Duna foi perdendo area. As intervencións realizadas dende o Concello evitaron actuar na recuperación da mesma.
Para a nosa organización, trátase dunha nova mostra do desinterese do goberno de Javier Bas, na preservación de singulares enclaves do noso Concello. A Duna de Cesantes converteuse no grande referente de recuperación da Punta da Praia, grazas ao cal acadouse a Bandeira Azul.
Os diferentes temporais que castigaron a Praia de Cesantes en xeral, e do sistema dunar da Punta en particular, deixárono, nunha situación moi delicada cunha perda importante de superficie segundo palabras do concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González. Agardabamos que nos meses de primavera e verán, se actuara para reverter esta tendencia.
O concello investiu máis de 8.000, nos últimos meses. Dende o BNG, esperabamos que se desenvolvera unha actuación coidadosa, e de recuperación da Duna. Mais a realidade é teimuda, e unha vez máis o goberno municipal amosa a súa falla de compromiso coa recuperación medioambiental dun espazo tan sensíbel como o da Punta da Praia.
Arredor duns vinte metros cadrados do areal da propia Duna desapareceron, e se non se toman medidas urxentes, a situación pode ser irrevesible, segundo Xoán Carlos González. Expresamos igualmente o temor, a que teña que ser o goberno de Javier Bas quen teña que afrontar esta recuperación, posto que ten amosado por activa e por pasiva, que alí onde actúan alteran definitivamente o difícil equilibrio medioambiental. Insistiu o Partido Popular ata a saciedade en manter un contendor a carón da Duna, actuando moi negativamente neste entorno.
Dende o Bloque Nacionalista Galego, vemos con preocupación a situación da Duna, un espazo singular, moi complexo de recuperar, que na actualidade vese gravemente alterado. Soamente dende unha organización comprometida con preservar o noso entorno medioambiental, como o BNG, pódese afrontar este complexo labor.