O BNG apoia a manifestación SOS Sanidade Pública.

O BNG apoia a manifestación SOS Sanidade Pública.

A organización nacionalista chama a todos os e as redondeláns a defender “na rúa” a Sanidade Pública. Segundo a organización nacionalista, trátase de “evitar a privatización e desmantelamento dun servizo público básico”.

Baixo o lema “Paremos o Desmantelamento da Sanidade Pública”, a Plataforma SOS Sanidade Pública integrada por diferentes organizacións sociais, sindicais e políticas ten convocada para este xoves 13 unha manifestación en Vigo.

Redondela, como un dos concellos de maior poboación da área sanitaria de Vigo, debe mobilizarse en masa contra as pretensións do goberno da Xunta de entregar á xestión privada, un dos escasos recursos que permiten unha atención universal.

“Contra os recortes dos dereitos sanitarios”; “Non ao desmantelamento da área sanitaria”; “Non á perpetuación do concerto con Povisa”; “Non ao recorte do Proxecto do Novo Hospital”.

A manifestación terá lugar ás 20h dende a praza do cabalos, en Vigo (praza de España).

O BNG de Redondela, agarda unha vez máis unha masiva afluencia de redondeláns “para parar a un goberno da Xunta que quere acabar con todo o público”.

DSC_0076

O BNG apoia a manifestación SOS Sanidade Pública.