O BNG en apoio á veciñanza de Chapela afectada polos ruídos do tren.
Debe ser compatible o dereito ao descanso co Tren de Proximidade.
23 set. 2024 - 18:45
Dende o Bloque Nacionalista Galego, amosamos públicamente todo o noso apoio ás xustas reivindicacións da veciñanza de Chapela para mitigar o impacto acústico do tren. A convocatoria dunha Asemblea Veciñal puxo sobre a mesa a necesidade de enfocar medidas que reduzan a pegada acústica. Unhas xustas reivindicacións nas que se debe conxugar o fomento dun medio de transporte público, barato, eficiente co dereito a reducir o impacto nas vivendas lindantes.
Estas reivindicacións debe levar aparelladas un estudio de impacto ambiental, tendo en conta os ruídos aos que a cotío se sometido especialmente o barrio de Angorén. O goberno do Estado Español, debe asumir esta responsabilidade afrontando os custes do proxecto.
Ante a mellora ostensible que no eido da mobilidade vai supor a posta en marcha dun Tren de Proximidade, Chapela debe reducir a pegada acústica destes convois. Renovación de vías, maquinaria máis eficiente, balados acústicos de baixo impacto,… Estes deben ser os recursos que se deben poñer enriba da mesa.
A veciñanza de Chapela pode contar co apoio do BNG de Redondela, para desenvolver as medidas de presión oportunas.