Iniciativa do BNG para dotar a San Simón de Plan de Usos

IMG-20240923-WA0002

Xoán Carlos González “debemos establecer claramente que actividades se poden realizar para honrar a memoria dos represaliados e represaliadas no franquismo”.

Iniciativa do BNG para dotar a San Simón de Plan de Usos
O Bloque Nacionalista Galego insta a que o goberno municipal elabore o documento marco no que se definan o tipo de actividades que se deben desenvolver na Illa de San Simón. Entenden que o documento definitivo do PXOM, debe incluír o Plan de Usos deste espazo. A Illa pertence ao Ministerio de Medio Ambente, quen a cedeu ata o ano 2027 á Xunta de Galiza.
Nunha moción asinada polo voceiro do BNG, Xoán Carlos González “instamos á alcaldesa para que inicie os trámites necesarios co fin de elaborar o Plan de Usos da Illa de San Simón e San Antón, tal e como lle esixe a Lei 5/2016 do 4 de maio que regula o patrimonio cultural de Galiza, para o que agardamos contar coa maioría plenaria”.
“O documento de concesión contempla que a illa non poderá adicarse a usos distintos aos docentes e culturais”, sinala o edil. A razón de ser principal da Illa debe ser a de “honrar a memoria dos e das represaliadas polo franquismo durante a Guerra Civil e a Dictadura”, salienta.
A Lei do Patrimonio de Galiza establece que os concellos deben elaborar os documentos urbanísticos axeitados a Bens Culturais, como San Simón. “As Illas forman parte do termo municipal de Redondela, polo que debe ser a administración local quen asuma esta responsabilidade”. O PXOM, non contempla dito Plan de Usos “como lle correspondería”. “Pretemos que se corrixa esta carencia pois sería un erro de importantes consecuencias”, insiste Xoán Carlos González. 
“Existen numerosos exemplos de actividades que se teñen realizado en San Simón que pouco ou nada teñen a ver coa finalidade que se presupón”, afirma o edil nacionalista. 
Para solventar este “grave erro”, dende o BNG presentan unha moción ao Pleno para que se inste ao goberno municipal a realizar as accións necesarias co fin de que ao Plan de Usos sexa unha realidade.
Iniciativa do BNG para dotar a San Simón de Plan de Usos