Xoán Carlos González alerta do cambio de modelo na xestión de cultura en Redondela.
“O bipartito reduce 120.000 euros en cultura, aumentando en festas ata os 700.000€”
01 out. 2024 - 09:05
No debate da Conta Xeral do ano 2023, o voceiro nacionalista publicitou unha serie de datos cos que puxo en tea de xuízo a xestión do goberno bipartito PSOE-AER. Expuxo que mentras algunhas partidas de carácter social non se esgotaban, como a correspondente a emerxencia social, outras nin sequera se tocaban como no caso dos 180.000€ dos orzamentos participativos.
Nas súas intervencións, o voceiro do BNG lamentou o “gasto sen criterio e sen control do goberno de Digna Rivas”. Manifestou que xa teñen denunciado esta dinámica nos últimos meses.
Na súa análise plenaria, Xoán Carlos González detívose en contrastar dúas partidas significativas. Por unha banda lamentou que na área de cultura, na que Redondela se convertira en referente hai anos, “o goberno PSOE-AER, reducíu ata 120.000€”. Do convenio interparroquial só se gastou a metade, no verán cultural inversión 0, ou actividades da concellaría minoráronse en 40.000€. Puxo enriba da mesa que, pola contra, o goberno de Digna Rivas chegara a gastar ata 700.000€ en festas, festexos, publicidade...
“Estamos ante un cambio no paradigma da xestión cultural en Redondela, onde de, fomentala pola base, deíxase todo en mans de celebracións”, lamentou o voceiro nacionalista.