Digna Rivas ningunea á oposición nas Xornadas de San Simón.
Xoán Carlos González califica de“ decisión sectaria, que non se lles tivera en conta en actos organizados polo concello”.
07 out. 2024 - 18:13
A celebración da xornada sobre “Xestión dos Lugares da Memoria da Represión Franquista”, volveu demostrar o talante da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas. Por tratarse dun evento organizado polo concello débese contar e convidar aos lexítimos representantes dos e das redondelás. Volveu a ningunear á oposición ao non ser convidados nestes actos.
O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González calificou a decisión de “sectaria”, ao non contar cos grupos que representan á maioría dos veciños e veciñas de Redondela. “Exercer de alcaldesa hai que gañalo no día a día”, manifestou. Para considerar que Digna Rivas non estivo á altura.
Referíuse igualmente ao papel desenvolvido nestas semanas polo BNG, en relación a San Simón. “Ante a renuncia do goberno municipal de dotar a San Simón de Plan de Usos, marcámoslle o paso presentando unha moción para que o PXOM, o contemple”.
Agardan con todo, que estes lamentábeis feitos non se volvan producir e que Digna Rivas atenda ao seu papel de máxima representante de Redondela, “sendo consciente que terá que cumprir coas súas obrigas, tendo en conta aos lexítimos representantes cidadás”