O goberno de Redondela aproba o Plan Contra Incendios Forestais sen contar coas Comunidades de Montes.

IMG-20241007-WA0001

Para Xoán Carlos González, “a alcaldesa desaproveitou a oportunidade de que as Comunidades asumiran un papel protagonista”

 

O goberno de Redondela aproba o Plan Contra Incendios Forestais sen contar coas Comunidades de Montes.
En pleno mes de agosto, por resolución da alcaldía aprobábase inicialmente o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Redondela. Publicado unha semana máis tarde no Boletín Oficial da Provincia, anunciando a consulta pública durante vinte días co fin de realizar aportacións.
“O máis lóxico tería sido que se convidara previamente ás Comunidades de Montes a participar na elaboración dun Plan que lles vai a afectar directamente”, considerou o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. Lamentou que “ se perdese a oportunidade de que as principais entidades propietarias do monte, asumiran un papel protagonista na elaboración do documento”. 
Un Plan que debe contemplar as faixas de protección contra os lumes, que suporá un esforzo por manter a masa forestal lonxe dos núcleos habitados. Deste xeito haberá que contar coa implicación das Comunidades de Montes, para que sexa un éxito.
Recorda o voceiro do BNG que “xa no mandato anterior o goberno municipal anunciara que non ía convocar o Consello Forestal Municipal, por non consideralo útil”. Considera que con este xeito de gobernar péchanse as portas para que colectivos e asociacións se convirtan en protagonistas da vida municipal.
O goberno de Redondela aproba o Plan Contra Incendios Forestais sen contar coas Comunidades de Montes.