O BNG califica de “acordo trascendental” a aprobación da ordenanza de Emerxencia Social.

IMG-20230224-WA0000
Votos a favor da nova ordenanza, o PP abstívose.
“Acadamos de sacar adiante un novo texto polo que levamos loitando ata sete anos, construíndo un escudo social para os e as redondelás”, manifesta Xoán Carlos González.
 
 
O BNG califica de “acordo trascendental” a aprobación da ordenanza de Emerxencia Social.
“Acadamos de sacar adiante un novo texto polo que levamos loitando ata sete anos,  construíndo un escudo social para os e as redondelás”, manifesta Xoán Carlos González.
Catro meses despois de ser rexeitado por AER e PP, aprobouse definitivamente o novo texto da ordenanza de Emerxencia Social do Concello de Redondela. Neste caso, ademáis dos votos favorábeis do PSOE, a Agrupación tamén se sumou á proposta.
Nunha decisión que dende a organización nacionalista consideran de “trascendental” polo impacto que vai supor en moitas familias de Redondela, amosan a súa “satisfacción absoluta”. “Continuaremos na liña de crear e consolidar políticas pensando nos veciños e veciñas de Redondela”, sinalan.
“Tras sete anos denunciando que a ordenanza evidenciaba importantes carencias, conseguimos un cambio de postura das outras forzas”, sinala o voceiro nacionalista. Recorda que as condicións da ordenanza impedían que a partida anual de 80.000€, nin sequera se executara no cincuenta por cen.
Amosa a súa satisfación o edil do BNG, porque “as forzas políticas non podiamos deixar escapar esta oportunidade de ser útiles para aqueles colectivos e familias que están a sufrir o impacto da crise económica. Estamos a falar que un vinte e cinco por cen dos nosos veciños e veciñas, pode estar en risco de exclusión social”, afirma.
Para Xoán Carlos González “trátase dun texto que vai facilitar que as axudas económicas medren nalgúns casos ata o dobre da contía anterior, que se manteñan durante máis tempo e que mesmo traballadores e traballadoras con empregos precarizados poidan beneficiarse”. 
“Como nacionalistas temos que amosar a nosa satisfacción por sacar adiante un recurso que nos vai permitir crear un escudo social, para a defensa dos e das redondelás. Sentímonos moi orgullosos e orgullosas deste acordo”, remata na súa nota.
O BNG califica de “acordo trascendental” a aprobación da ordenanza de Emerxencia Social.